Sentía a luz rota quentando mármore,
Sentía cada raio descomposto
Falaba incrustada
Dende dentro da parede,
Falaba das verbas das que aínda non falara.
E chegaron folerpas da neve máis branca
Mentres chovía e derretíase a vida.
Sentía a luz rota no foxo máis profundo
Palpando a textura que ela mesma provocara
Falaba agora, mentres calaba
Falaba cun movemento frenético
Confundindo palabras.
Parou de súpeto, exhausta
Non quedaba aire no sangue
Nin vida nos buratos de cara
Agardaba entre murmurios naturais
nunha planicie deserta chea de gris
agardaba co seu animal amarrado
agardaba...
E tirou dela da forma máis salvaxe
rompendo a estática calma.
Sentía a caricia dos cristais no vento
a caricia da auga na pel espida
Sentía o mundo no seu ventre
e dentro dela a palabra máis rápida.
Lalaith
01:00 del 2004-07-03 #
0 Comentarios