Imagen de Akin
Historias publicadas:
Índice de historias
<Junio 2018
Lu Ma Mi Ju Vi Sa Do
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  
             

Buscar en este blog (by Google):

Blog fundacional del Clan McPotter:
Clan McPotter
Suscribir con Bloglines Subscribe in NewsGator Online Suscribe en Google Suscribe en My Yahoo Suscribe con netvives
Sitios Web
Mi blogroll:
Blogs de Ya.com:
Blogalia
Blogalia

Estadísticas de visitas:

Ver mis estadísticas
Y más cosas:
By Akin since 2002
Vexo en Ventanas que viu en Vendell

Coñecete a ti mesmo:

1 ¿O principal trazo do meu carácter? Non o sei.
2 ¿A calidade que prefiro nun home? Ausencia de necesidade de dominación.
3 ¿A calidade que prefiro nunha muller? Intelixencia.
4 ¿O que máis aprecio nos meus amigos? Que me fan sentir que lles importo.
5 ¿O meu principal defecto? A miña facilidade para equivocarme.
6 ¿A miña ocupación favorita? Soñar esperto.
7 ¿O meu soño de dita? 'All you need is love'
8 ¿Cal sería a miña maior desgraza? A enfermidade.
9 ¿Que quixera ser? Querido, e con unha situación económica estable, do resto xa me encargo eu.
10 ¿Onde desexaría vivir? Estou ben onde estou, pero gustaríame traballar máis preto da casa.
11 ¿A cor que prefiro? O verde dun carballo xove a finais de primavera nun día de sol, e o do ceo nun día de verán no mediodía, xusto o lado dunha nube branca que esté case enriba da cabeza pero co sol á miña espalda.
12 ¿A flor que prefiro? Calquera que arrecenda ben, gústanme máis polas fragancias que polas cores. Gústame a rosa.
13 ¿O paxaro que prefiro? Ningún en concreto, calquera dos que pola mañá, cando non traballo, me espertan cos seus píos.
14 ¿Os meus autores preferidos en prosa? Tolkien.
15 ¿Os meus poetas preferidos? Os románticos: Rosalía, Becker...
16 ¿Os meus heroes de ficción? Grok ou Muuut (dous persoaxes meus de rol). Cecáis aquel rapaz que se subiu a unha mesa para decir 'Oh capitán mi capitán'. Ou o meu primo Harry (Potter), non sei con cal me quedaría.
17 ¿As miñas heroínas de ficción? Eowyn (teño levado algún persoaxe feminino en partidas de rol, pero ningún me gustou abondo para desvancala) e Hermione.
18 ¿Os meus compositores preferidos? De todo: McKennitt, Halford, Victor Manuel, K.K.Rowling, Mozart...
19 ¿Os meus pintores predilectos? Non son moi aficionado a pintura, cecáis unha amiga que teño que pinta xenial de nick Gaedheal.
20 ¿Os meus heroes da vida real? Milleiros de anónimos da historia que loitaron para que eu, hoxe en día, sexa máis libre e viva ben.
21 ¿As miñas heroínas históricas? Entran dentro dos milleiros nomeados na pregunta anterior.
22 ¿Os meus nomes favoritos? Depende para quen.
23 ¿Que detesto máis ca nada? Os privilexios. E máis aínda os non gañados. A xente que pensa que ten dereito a privilexios por ser quen é.
24 ¿Que caracteres históricos desprezo máis: Os que montaron sociedades basadas nos privilexios (xerarquías), todos os fascismos e, en xeral, todos os que montaron dictaduras asasinas ou guerras por intereses económicos...
25 ¿Que feito militar admiro máis? Algunhas revolucións e guerras de independencia.
26 ¿Que reforma admiro máis? Véxase pregunta 20.
27 ¿Que dons naturais quixera ter? Gustaríame ser alto e atlético para poder ter xogado ó baloncesto ó máximo nivel, encántame ese deporte.
28 ¿Como me gustaría morrer? Sen enterarme.
29 ¿Estado presente do meu espírito? Melancólico, como tantas veces.
30 ¿Feitos que me inspiran máis indulxencia? Os erros que se fan cando se está tentando axudar ós demáis.
31 ¿O meu lema? Xa foi inventado hai moitos anos: Liberdade, igualdade e fraternidade.
11:52 del 2007-05-13 # 5 Comentarios

Referencias (TrackBacks)

URL de trackback de esta historia http://akin.blogalia.com//trackbacks/49385

Comentarios

1
De: Teresa Fecha: 2007-05-13 12:51

Bueno, más que conócete a tí mismo, esto parece preséntate a tí mismo... ;-)

¿Cuánta diferencia hay entre cómo nos vemos a nosotros y cómo nos ven otros? Sería interesante que el meme lo rellenaran también tus amigos y amigas, tu familia, tus enemigos/as, etc., para ver las discrepancias.

De todos modos, según tu visión de tí mismo eres un amor, excepto en lo del baloncesto XDD



2
De: Akin Fecha: 2007-05-13 14:08

Jajajaja, gracias Teresa :)



3
De: peke Fecha: 2007-05-14 11:07

Es el cuestionario Proust que circula mucho por el blogmillo. Vendell lo cubrió porque yo se lo propuse; también lo contestó Martin Pawley y un montón de gente más. Si tienes curiosidad paséate por ahí. ;)



4
De: Gaedheal Fecha: 2007-05-14 14:26

:*



5
De: neve Fecha: 2007-05-14 16:49

E se quere sabes como comezou, o culpable foi Larvós, pásete por "Eu xamais terei un blog"



Nombre
Correo-e
URL
Dirección IP: 54.196.42.146 (ea4fa59a66)
Comentario
¿Cuánto es: diez mil + uno?