|
THE PHANTOM OF THE OPERA??? LLOYD-WEBBER??? En fin, soe pasar, ao principio. A min tamén me gustaba, cando era adolescente. Logo engancheime a "Cats", obra que agora mesmo me resulta bastante detestable, case tanto coma o mítico "Hair". "My fair lady" é outra cousa, claro. Ou "West side story". Ou "A Chorus line"
Alégrame, en todo caso, descubrir que non son o único por estas petroleadas terras que gusta do teatro musical. Eu sinto devoción por Stephen Sondheim, un dos maiores xenios da arte contemporánea. "Into the woods", "Sunday in the park with George", "Follies", "Company", "Sweeney Todd", "A little night music"... Obras mestras, sen discusión.
Hai uns anos estreouse un "Ragtime" moi interesante, obra de Stephen Flaherty e Lynn Ahrens. E sospeito que a vostede lle gustaría "Titanic", musical de Maury Yeston sobre o famoso barco.
Todos esos son discos que un servidor posúe, por se ten interese. E, por certo, un servidor (pirateador confeso) sinte moi escaso aprecio pola SGAE...
|